Resultados de procura - Schumacher, Michael
Michael Schumacher

Posúe moitas das marcas de pilotos de Fórmula 1, incluíndo o maior número de campionatos, vitorias, voltas rápidas, poles e a maioría de carreiras gañadas nunha soa tempada, 13 en (a última destas marcas foi igualada polo seu compatriota alemán Sebastian Vettel nove anos máis tarde). En , converteuse no único piloto na historia da Fórmula Un en terminar entre os tres primeiros en todas as carreiras da tempada e logo tamén rompeu a marca de máis podios consecutivos. De acordo coa web oficial da Fórmula Un, é "estatisticamente o piloto máis grande que viu o deporte".
Logo de comezar co karting, Schumacher gañou os campionatos de pilotos alemáns de Fórmula 3 e Fórmula König antes de unirse a Mercedes no World Sportscar Championship. Logo dunha carreira financiada por Mercedes fichou polo equipo Jordan de Fórmula Un, Schumacher asinou como piloto para o equipo Benetton de Fórmula Un en 1991, terminando terceiro en 1992 e cuarto en 1993, Schumacher converteuse no primeiro alemán campión do mundo de pilotos en por un punto sobre Damon Hill. En repetiu o éxito, esta vez cun maior marxe. Schumacher mudouse a Ferrari en e estivo preto de gañar os títulos de e , antes de romper a perna no Gran Premio do Reino Unido de 1999. A continuación gañou cinco títulos de pilotos consecutivos de a . Schumacher retirouse da Fórmula Un en 2006, quedando en Ferrari como asesor. Estivo preto dun oitavo título ese ano, pero debido a problemas técnicos nas dúas últimas carreiras quedou a pouca distancia de Fernando Alonso. Estivo a punto de volver para Ferrari en 2009, como substituto do gravemente ferido Felipe Massa, pero non puido debido a unha lesión no pescozo e regresou á Fórmula Un de forma permanente a partir de 2010 co equipo Mercedes. Retirouse por segunda vez na conclusión da tempada 2012.
A súa carreira non estivo exenta de polémicas, incluíndo provocar en dúas ocasións colisións na última carreira da tempada que determinaron o resultado do Campionato do Mundo, con Damon Hill na tempada de en Adelaide e con Jacques Villeneuve na tempada de en Xerez. Fóra da pista Schumacher foi embaixador da UNESCO e voceiro de seguridade dos pilotos. Participou en numerosos esforzos humanitarios en toda a súa vida e doou decenas de millóns de dólares á caridade. Schumacher e o seu irmán menor, Ralf, son os únicos irmáns que gañaron carreiras na Fórmula Un, e foron os primeiros irmáns en terminar primeiro e segundo na mesma carreira, unha fazaña que repetiron en catro carreiras posteriores.
En decembro de 2013, sufriu unha lesión grave na cabeza mentres esquiaba. Foi trasladado en helicóptero a un hospital e provocóuselle un coma inducido, logo de sufrir unha lesión cerebral traumática. Estivo en coma durante seis meses desde o 29 de decembro 2013 ata o 16 de xuño de 2014. Abandonou o hospital en Grenoble para recibir rehabilitación no Hospital Universitario (CHUV) de Lausana . O 9 de setembro de 2014, regresou á súa casa para a súa posterior rehabilitación. En novembro de 2014, informouse de que Schumacher estaba paralizado e en cadeira de rodas, como consecuencia do accidente. Provided by Wikipedia